top of page

JONTXU ARGIBAY 

MULLERES

Del 15 de septiembre al 30 de octubre 

bANNER WEB mulleres.jpg

As acuarelas parten de momentos compartidos por estas mulleres nas súas redes sociais, imaxes que Jontxu Argibay reinterpreta e transforma en pezas artísticas.

03.HarunaChatani.jpg
Europa.jpg

Dezasete pinturas e dezanove esculturas conforman a exposición que o artista Jontxu Argibay dedica ás mulleres, unha homenaxe á figura feminina desde a admiración, o respecto e a beleza cos que o artista contempla e representa a muller.

 

As súas 17 pinturas inclúen, ademais do retrato da súa nai, figuras de actrices, poetas e intérpretes como Aida Tarrío, Cristina Castaño, Susana Sampedro, Rosalía Vila, Valeria Castro, Zendaya, Candela Peña ou Esperanza Mara.

​

As acuarelas parten de momentos compartidos por estas mulleres nas súas redes sociais, imaxes que Jontxu Argibay reinterpreta e transforma en pezas artísticas. Os óleos, pola súa banda, céntranse en amigas e mulleres da súa contorna, construíndo a través delas unha particular mitoloxía feminina, íntima e persoal.

​

En canto ás esculturas, o artista explora diferentes oficios e representacións de sentimentos a través da forma, o volume e o corpo feminino, converténdoos nunha nova linguaxe de expresión.

​

Jontxu Argibay Sampedro (Ribeira, 1976) especializouse en Escultura na Escola de Artes Aplicadas Mestre Mateo de Santiago de Compostela e formouse en Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña.

​

O seu prestixio na comarca do Barbanza vén avalado por numerosas esculturas públicas, en bronce e madeira. Cun amplo percorrido en exposicións individuais e colectivas, a súa obra como retratista e escultor de estudo, traspasou fronteiras ata chegar a salas de Nova York. Actualmente combina a escultura coa pintura ao óleo e a acuarela.

bottom of page